que é un "ANGLICISMO"?

Sexamos conscientes ou non, a linguaxe publicitaria que nos chega a diario está ateigada de termos ingleses, quizais porque foi en EEUU onde naceu e medrou este sector ou porque a cultura anglosaxona inflúe enormemente nos nosos hábitos a través da música, do cine, dos famosos ou dos videoxogos, que exportan a todo o mundo o seu estilo de vida e costumes.

Que son os anglicismos?

Os anglicismos son empréstitos lingüísticos do Inglés a outro idioma, no noso caso o Galego e que, nestes últimos tempos, foron facéndose un oco no noso vocabulario habitual. 

Algúns son necesarios, xa que existen conceptos, ideas, produtos ou obxectos que non teñen equivalente na lingua de destino. Porén moitas veces, aínda que exista o termo en Galego, tendemos a empregar o anglicismo antes que o seu equivalente, ou sexa, recurrimos excesivamente aos extranxeirismos, especialmente nalgúns sectores concretos como o marketing, a publicidade ou a moda, ata o punto que se está a falar dunha “invasión” do Inglés nestes campos.

Con este traballo pretendemos facer fincapé na presenza do Inglés nos anuncios que consumimos a diario e valorar a súa importancia á hora de cubrir o espazo lexicográfico nestes campos e a súa importancia coma unha das grandes linguas de comunicación e, ademais, familiarizarnos un pouco máis con esta lingua protagonista da Globalización.

Comentarios

Entradas populares