Glosario de termos ingleses empregados no eido da publicidade


Ad / Advertising: anuncio, publicidade.
Ad Blocker: Programa no navegador dun usuario que impide que se amosen os anuncios na pantalla.
Anti-aging: produto que frea o envellecemento.      
Banner: anuncio publicitario en forma de imaxe gráfica que, normalmente, aparece ao longo dunha páxina web nun espazo reservado para publicidade.
Benchmarking: comparación coa competencia, xa sexa en canto a produtos, estratexias, prezos, resultados… 
Big data: refírese á gran base de datos creada a raíz dos movementos dos usuarios en internet. 
Bot: tipo de robot o programa que traballa automaticamente sen a intervención humana.
Brand/Branding: marca. O proceso do branding refírese ao de crear unha identidade de marca que resulte positiva na mente do usuario.
Briefing: resumo que recompila toda a información necesaria para realizar unha campaña ou acción concreta.
Celebrity: celebridade, famoso, especialmente no eido da industria do espectáculo.
CEO (Chief executive officer): pódese traducir coma “conselleiro delegado” ou “director xeral”.
Community manager: xestor ou responsable das comunidades virtuais.
Content curator: fai referencia á persoa encargada de seleccionar, filtrar, editar e validar as informacións e contidos dunha web. Podería traducirse por “responsable de contidos”.
Cookies: pequenos arquivos que se instalan no navegador de xeito que o sitio web pode consultar a actividade do usuario.
Cool: que está de moda.
Customization: ferramenta para a comercialización personalizada.
Digital signage: medio de comunicación de contidos dixitais e interactivos no punto de venta e en lugares públicos, a través de dispositivos de emisión como pantallas, proxectores ou paneis táctiles.
Display: publicidade de formatos gráficos.
Eco-friendly: respectuoso co medio ambiente.
E-commerce: comercio electrónico, é dicir, a transacción de bens e servizos a través de medios informáticos e por Internet.
Engagement: ten relación con crear un vínculo co usuario: conexión, compromiso, vinculación… 
FAQ’s (Frequently Asked Questions): preguntas máis frecuentes.
Gloss: acabado brillante.
Influencer: unha persoa cun certo prestixio nalgún ámbito que ten a capacidade de influír no comportamento dos seus seguidores.
Interstitial: anuncios que aparecen entre dos páxinas dentro dunha web.
Landing page: trátase dunha páxina sinxela na que se atopa a ampliación da información unha vez clicado un anuncio. Tamén é frecuente atopar un formulario para que o usuario deixe os seus datos.
Lead: cliente potencial, persoas que amosaron interese nunha determinada campaña, por exemplo cando un usuario se rexistra, se apunta ou se descarga algo no sitio dun anunciante.
Lifting: efecto eliminador de engurras.
Light: baixo en calorías.
Marketing: conxunto de técnicas que teñen como obxectivo principal mellorar a comercialización dun produto.
Media plannerpersoa que se dedica á planificación de campañas publicitarias en medios de comunicación, é dicir, o que decide como, cando e onde deben difundirse as mensaxes.
Merchandising: refírese aos típicos regalos publicitarios que fai unha empresa ou produtos baseados nunha marca.
Mailing: fai referencia (no sector do marketing dixital) ao envío masivo de correos electrónicos en forma de propaganda a una serie de contactos que, anteriormente, confirmaron que desexan recibir esta información.
Millennial: fai referencias ás novas xeracións, é dicir, aos xoves que teñen entre 18 e 30 anos e que se caracterizan por estar familiarizados con Internet e coas novas tecnoloxías.
Mobile advertising: publicidade para dispositivos móbiles.
Outfit: a “mellor” vestimenta.
Personal shopper: asistente persoal que axuda ao cliente na adquisición de roupa, presentes...
Pop-up: formato publicitario que consiste na aparición dunha ventá que emerxe ao acceder a unha páxina web ou a algún contido desta.
Pre-roll e Post-roll: publicidade en formato de vídeo que se emite antes/despois do contido audiovisual que o usuario desexa ver.
Selfie: autorretrato fotográfico.
Skyscraper: formato de publicidade dixital en formato vertical.
Smartphone: teléfono (móbil) “intelixente”.
Sponsor: patrocinador.
Streaming: é a técnica que permite reproducir contidos dende un navegador ou outra plataforma sen necesidade de descargalos previamente.
Target: público obxectivo ao que vai destinada unha campaña publicitaria.
Trademark: marca rexistrada.
Trendy: á moda.
Spam: práctica que consiste en enviar correos electrónicos comerciais a persoas que no deron o seu consentimento. As direccións normalmente son captadas por programas especiais ou mercadas a prezos moi baixos.

Comentarios

Entradas populares